Pantis é un vaivén. Un camiño a escuras. Con aparicións esporádicas, tanto físicas como musicais, fai da súa presenza pequenas catarses que sempre poden ser a última. Case dez anos despois do seu primeiro disco, Pranto, publicamos memoria nova o 22 de outubro. Un disco viaxante coas feridas abertas. Atravesado por algunhas vidas de intimidade amálgama, poboada de desleixadxs e personaxes abafazadas. Dez cortes, dez corpos, algunhas fuxidas.